https://twitter.com/carlosnoguecns/status/1082595683297886208

Xulio Ferreiro insinúa que volverá á carga contra En Marea despois das municipais

Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Xulio Ferreiro deixaba entrever que volverá á carga contra En Marea despois das eleccións municipais.

Na Cadena Ser, Xulio Ferreiro avaliaba este tempo na Marea Atlántica e era cuestionado sobre as eleccións municipais, asegurando estar centrado no goberno da cidade.

En relación a se os acontecementos destes días en En Marea e Podemos poderían ter efectos na Marea Atlántica, Ferreiro asegurou que “é difícil de saber, en principio todo isto está noutro ámbito territorial, eu agardo que aos electores poidamos falarlles do que pasou na Coruña nos últimos catro anos, e do que vai pasar, a min gustaríame que todo fora máis tranquilo, máis sosegado, eu trato de manter boas relacións con todo o mundo”.

Pediu máis unidade a quen conforman o espazo político, afirmando “temos que ser coidadosos co que construímos, as mareas municipais seguen sendo unha ferramenta útil”, advertindo que hai que ter en conta á xente e que á xente non lle gustan os enfrontamentos. 

Durante a entrevista radiofónica, o alcalde de A Coruña aseguraba “creo que agora hai que centrarse nas municipais, porque é o que toca, e despois haberá tempo para analizar o que pasa a nivel autonómico, se hai que dar un xiro, iso xa se verá, agora a miña cabeza está ocupada na Coruña e na acción de goberno”.

Cuestionado directamente sobre a figura de Luís Villares, Ferreiro amosouse reticente a aceptar a participación do voceiro de En Marea na súa campaña, sinalando que “a estratexia de campaña teremos que vela no seu momento. Eu contarei con todo o mundo que sume e que queira sumar”, respondendo á pregunta de se Luís Villares suma cun “todo o mundo suma”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies