Imaxe: Facebook Cañaneral de Pasión

Unha telenovela “made in rural”

“Cañaveral de Pasión”, un culebrón gravado no Irixo.

Esta telenovela que xa conta con un gran éxito nas redes sociais está gravada no interior da provincia de Ourense, na aldea de Pedriña. Aínda que a historia ocorre supostamente en México, o paisaxe rural do Irixo domina a maioría dos planos. Unha telenovela guionizada, rodada e protagonizada por mozos e mozas do Irixo.

A telenovela conta a historia de catro veciños que suman forzas para defender as súas terras fronte os grandes terratenentes que queren roubarllas. No seu canal de youtube definen o culebrón como “amor, odio, drama, acción, suspense e moito máis é o que vós espera cada fin de semana nun novo capítulo. Entra e déixate levar”.

Contan con actores aficionados e moi polifacéticos, e con profesións moi afastadas do mundo artístico, como unha administrativa, un repartidor de pan, varios enxeñeiros ou, incluso, a cociñeira do colexio de O Irixo. Todos eles se turnan para gravar co seus propios móbiles e ensaian unha vez a semana.

Óscar Javier de la Vega é o ideólogo, director, guionista e protagonista desta telenovela que agora encara a recta final da segunda tempada, un apaixoado dos culebróns latinoamericanos que buscaba con este proxecto a mestura do xénero televisivo coa paisaxe do monte galego que “é o que máis gusta as veciñas e veciños”. Os capítulos xa recollen milleiros de visualizacións en youtube e ata contan con clube de fans.

https://www.facebook.com/sara.montalban.71/timeline?lst=100000020736483%3A100026782892405%3A1548963111

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies