O Partido Popular de Galicia reafirma a súa intención de pactar con Vox

Diego Calvo, vicepresidente do Parlamento de Galicia, ven de reafirmar a intención do Partido Popular de pactar con Vox. “O PP non fai cordóns sanitarios a ninguén”, espetou nunha entrevista do coruñés na cadena SER.

O secretario territorial da xunta directiva estatal do PP de Pablo Casado negou que o seu partido estea a dar un xiro á dereita á vez que facía mención das intención de pacto coa formación ultra Vox.

Feijoo xa avanzara a posibilidade no pasado preparando o escenario dunha máis que probable perda da maioría absoluta da formación en Galicia. Calvo apuntou na mesma dirección e declarou que “se hai que pactar con alguén e se pon enriba da mesa unha serie de puntos e podemos converxer o facemos” referíndose ao partido de extrema dereita.

Diego Calvo tamén restou importancia á perda de apoios da súa formación que reflicten case todas as enquisas electorais a pesar do significativo que supón falar de pactos con outras formacións meses antes de que teñan lugar os primeiros comicios.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies