Imaxe: http://www.contraminaccion.org/

ContraMINAcción contra a minería destrutiva

destrutiva de toda a Península Ibérica.

O Encontro, organizado pola Rede contra a minería destrutiva na Galiza (ContraMINAcción) celebrarase os días 16 e 17 de febreiro en Santiago de Compostela e nel participarán, segundo a organización, 14 asociacións e plataformas de España e Portugal que traballan contra os impactos sociais, económicos e ambientais da actividade mineira.

Segundo relatan, “un dos obxectivos principais deste evento será visibilizar as dimensións do boom mineiro na Península Ibérica e continuar a tecer redes entre os colectivos que se enfrontan á minería insostible, destrutiva e produtora de refugallos dentro e fóra de Galicia”.

Trátase dunha problemática global que se está a agudizar cada vez máis e que, co ánimo de enfrontala con máis forza, tentan buscar alianzas entre os colectivos que forman parte de ContraMINAcción en Galicia con organizacións internacionais como Yes to Life No to Mining (YLNM). A través do IV Encontro, agardan poder reforzar esa rede a nivel peninsular.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies