Representantes da política municipal galega acoden ao Parlamento Europeo
Unha trintena de representantes da política municipal participarán no encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas do GUE/NGL, visita organizada pola eurodeputada Lidia Senra.
Alcaldes, concelleiros e persoas con responsabilidades relacionadas co eido local de diferentes puntos da Unión Europea reuniranse nas xornadas en Bruxelas o xoves e o venres para intercambiar experiencias e análises baixo o título “Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa”.
Na delegación galega participarán os alcaldes de Salceda de Caselas (Marcos Besada), A Pobra do Caramiñal (Xosé Lois Piñeiro) e Manzaneda (Félix Domínguez), o tenente de alcalde de Ribadumia (Enrique Oubiña), o concelleiro de Economía e Facenda de Cambados (Xurxo Charlín), a concelleira de Salceda de Medio Ambiente, Deportes, Xuventude, Voluntariado, Participación cidadá e Novas tecnoloxías (Carla Pérez), o concelleiro de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal de Teo (Ignacio Iglesias), a concelleira das Pontes (María Chao), os de Xunqueira de Ambía (Sonia Vidal e Eladi Cid), a de Vilanova de Arousa (Elena Cores), a de LugoNovo (Cristina Pérez Herráiz), os de Arbo (Manuel Álvarez e Baltasar Vallejo), a de Pontevedra (María del Carmen Moreira), o de Trives (Jorge Vázquez) ou o do Courel (Óscar Carrete).
Viaxarán tamén o voceiro de En marea Ponte Caldelas (Roi Márquez), a membro da Coordinadora da Marea de Noia (Consuelo Martínez), o ex tenente de alcalde de Corcubión (Alfredo González), os membros da Coordinadora de Alternativa Canguesa de Esquerdas (Andrea Martínez e Xurxo González), a responsable da secretaría de coordinación de Gañemos Vilanova (Concepción Rodríguez), o coordinador local de Sarria En Marea (Iván López), a coordinadora de Ames Novo (Ana Seijas), a membro de Son de Trives (Ana García), a ex concelleira de Vivenda de Ourense (Iolanda Pérez), e o deputado de En Marea no Parlamento Galego Davide Rodríguez Estévez.
No programa do Encontro haberá varios paneis de debate e coloquios sobre vivenda social, desigualdades e propagación do fascismo en Europa, etc. Nos diferentes debates e coloquios participarán integrantes da delegación galega.
Lidia Senra realizará as conclusións xerais de todo o encontro de REALPE deste ano.
Esta semana case unha trintena de representantes da política municipal galega participarán no @Europarl_EN no encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas #REALPE2019 organizado polo @GUENGL ➡️https://t.co/vYME19Haj2 pic.twitter.com/XKx6KGAJ9p
— Lídia Senra (@LidiaSenra) February 4, 2019