Imaxe: http://anova.gal/

Anova escíndese de facto de calquera participación en En Marea

Anova encarga debatir sobre as confluencias ata o día de remate do prazo de primarias de En Marea para tentar que a súa militancia non participe nelas coa escusa do debate. En calquera caso a decisión chegaría a posteriori do prazo e non se podería materializar no caso de que a opción escollida pola militancia fose a confluencia con En Marea.

A formación do histórico líder nacionalista, Xose Manuel Beiras, sitúase de facto fóra de calquera confluencia con En Marea, o partido instrumental no que ate agora compartía espazo xunto con Podemos, Esquerda Unida así como máis centos de persoas sen outra adscrición política que non sexa a propia marca liderada polo xuíz en excedencia, Luis Villares, xa que esta formación remata o seu proceso de primarias precisamente ese día 10 de marzo.

Este paso a un lado da formación nacionalista, reforza a idea de que a dirección xa tería decidido a coalicion con Podemos e Esquerda Unida, onde sen pasar por primarias ter posibilidade de candidatar aos seus cadros. Polo de agora xa foron varios os militantes que reclamaron a participación das bases na toma de decisións da organización, máis parece que a decisión puidera estar tomada, e a folla de ruta marcada.

Cabe esperar agora a resolución das poucas asembleas de Anova que quedan no país, para ver se estás están a favor ou en contra da liña política marcada pola Coordinadora Nacional de Anova, encabezada o pasado sábado polo deputado Antón Sánchez, na que tan so participaron 27 persoas dun total de case un centenar de membros. Con este movemento a dirección de Anova pretendería estrangular o debate dentro da organización xa que por un lado a decisión tomaríase despois do prazo das primarias de En Marea e utilizarían de argumento precisamente o remate dese prazo e por outro a proximidade da presentación de listas electorais estaría tan próxima que Anova non tería tempo para realizar primarias para as listas polo que todo pasaría por unha negociación entre as direccións de Podemos, Esquerda Unida e Anova.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies