Imaxe: Twitter Begoña Conde

Candidata de Vox confunde unha pintada humorística cunha mensaxe proetarra

Begoña Conde, tía de Santiago Abascal, o presidente de Vox, cabeza de lista de Vox por Ourense, confunde unha pintada humorística cunha mensaxe proetarra.

Nunha parede dunha rúa de Ourense pode lerse “gora Alka-ETA”, un xogo de palabras entre Al Qaeda e ETA, mensaxe polo que en Madrid detiveran a uns titiriteiros mentres facían unha función, confundindo unha broma cunha mensaxe proetarra, do mesmo xeito que a candidata de Vox, que quixo denunciar a pintada na súa conta de Twitter, sendo instantáneas as respostas.

Desgusto co topónimo oficial

A candidata de Vox di non estar en contra do topónimo oficial, pero non lle gusta, asegurando “De Ourense, nada: Orense. Dijimos toda la vida Orense y Coruña, como Sangenjo. ¿Sanxenxo? Pues vale, pero toda la vida se deijo Sangenjo. Yo prefiero Orense, pero respeto al que diga Ourense”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies