Imaxe: Facebook Podemos Fene

A cúpula de Podemos en Galicia impide que algúns círculos se presenten ás municipais

A dirección de Podemos Galicia aborta a decisión do círculo local Podemos Fene a concorrer ás eleccións municipais en solitario.

O círculo de Podemos en Fene é o único do norte da Coruña que se mantén activo dende a súa fundación, apostando, segundo apuntan fontes próximas ao mesmo por “manter vivo o espírito orixinal de Podemos, facendo que o círculo, como estrutura local de funcionamento, actuase sen contaxio e respondese á esencia democratizadora que deu orixe á súa constitución”.   

Trala ruptura das negociacións con EU-Fene, segundo apuntan nunha publicación a través de Facebook, “pola súa cerrazón e autoritarismo en querer impoñer as condicións, normas e candidatos para conformar unha confluencia electoral, alternativamente, o círculo de Podemos Fene decidiu en asemblea aberta e por unanimidade concorrer aos comicios en solitario e co nome da súa organización”. 

Esta decisión foi “rexeitada de plano” pola Dirección en Galicia de Podemos, aducindo “herméticas normas internas”, a pesares do acordo das bases e de ter xa conformada a candidatura, redactado con participación veciñal un exhaustivo e minucioso Programa Electoral e ter no seu haber catro anos de inxente traballo municipal”.

Desconformes con esa decisión, que cualifican como arbitraria, e non dispostos a “encartarse á ditadura aldeana de EU”, anuncian dende o círculo de Podemos Fene que moi ao seu pesar, renuncian a participar nas eleccións, e que, unha vez verificada a inscrición na Xunta Electoral e a súa denominación, “procederán en consecuencia”. Piden desculpas tamén aos seus simpatizantes “por tan forzado desenlace”.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies