Patent Law Copyright Intellectual Property Business Internet Technology Concept.

PP e PSOE únense contra a compartición de noticias e memes nas redes sociais

Veñen de aprobar unha lei que cambiará e controlará o funcionamento das redes sociais.

O Parlamento Europeo ven de aprobar con 438 votos a favor e 226 en contra a Directiva sobre dereitos de autor no mercado único dixital que xerou polémica nas redes e nas organizacións defensoras dos dereitos civís e de neutralidade da rede.

Esta vez conseguiron levala adiante despois de perder a votación no pasado mes de xullo que provocou un período de emendas pero hoxe, graza a un pacto entre populares e socialistas europeos saiu adiante.

A polémica desta directiva céntrase nos artigos 11 e 13. O primeiro prohibe compartir enlaces de noticias nas redes sociais, incluídas Facebook e Twitter, polo que os seus usuarios non poderán facelo cando se aprobe esta normativa. O mesmo artigo impediría compartir memes, imaxes ou calquera contido satírico que conteña imaxes de series ou películas.

O artigo 13 obrigará as redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram pero tamén a YouTube ou Vimeo a establecer filtro para bloquear automáticamente contido con dereitos de autor polo que tamén provocará unha censura das parodias, memes ou críticas con fragmentos que se poden ver nesas páxinas e redes sociais.

Moitos colectivos mobilizáronse contra o ataque á neutralidade a través das redes sociais:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies