Unha neta de Franco condenada por evasión de impostos

A Audiencia Nacional confirmou a condena a Carmen Martínez-Bordiu por fraude fiscal.

A neta do dictador foi condenada a abonar máis de 500.000 euros polos cartos que deixou de pagar nas súas declaracións do IRPF dos anos 2007 e 2008 despois de que a súa nai Carmen Franco lle doara 42 accións dunha empresa inmobiliaria.

Bordiu tería vendido esas accións no ano 2006 e utilizou os cartos para comprar propiedades entre as que se atopaban vivendas e fincas que utilizou para facer unha deducción irregular dicindo que levaba a cabo actividades económicas co aluguer das propiedades.

A sentenza indica que a dedución é irregular debido ao escaso volumen de arrendamento polo que entende que non se producía actividade económica e non procedía facer a deducción tal e como indicaba a Delegación da Axencia Tributaria de Cantabria, organismo que lle reclamaba os cartos.

 

Comisión de investigación

O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, declaraou que están valorando “impulsar unha comisión de investigación sobre o patrimonio da familia Franco” ao que engadiu que “Franco non só foi un ditador, foi tamén un ladrón”.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies