Presentación de Ciudadanos en Gondomar // Imaxe: http://galicia.ciudadanos-cs.org

Ciudadanos preséntase en Gondomar sen paridade pero apostando pola igualdade

Na fotografía que difundiu a formación laranxa non se aprecia ningunha muller na dirección local

O venres, 28 de setembro, presentábase públicamente este grupo local da formación laranxa, nun acto destacado pola escasa presenza de mulleres, manifestando que pivotarán nos grandes valores da liberdade, a igualdade, e a solidaridade para transformar o concello nun referente, aportando sentido común á política.

Durante a presentación, Manuel Gómez, o coordinador local, deixaba claro o obxectivo co que esta agrupación se puña en marcha, aludindo á necesidade de que “canto antes este concello teña un goberno á altura dos seus cidadáns”.
Unha das súas primeiras reivindicacións será o Plan Xeral, pois segundo manifestan, tanto o anterior coma o actual goberno o deixaron caducar a pesares de contar cos informes para a súa aprobación inicial, tirando pola borda 300.000€.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies