Imaxe: YouTube // DIY bama Channel

Cinco reaccións químicas que te deixarán coa boca aberta

Facemos unha recopilación de varios experimentos visualmente impresionantes

A química pode ser moi visual e sorprendente. En YouTube hai unha grande colección de contidos que visualizan experimentos e reaccións que te deixarán coa boca aberta. Imos con eles.

A combustión do Tiocinato de Mercurio

Trátase dun composto inorgánico que ao quentalo produce unha rección exotérmica. O composto que produce isto é o tiocianato de mercurio (Hg(SCN)2) que arde do xeito que podedes ver no video.

 
A paste de dentes dos elefantes

A reacción consiste nun proceso de descomposición do peróxido de hidróxeno que reaciona cun catalizador de iodo e potasio que descompón o peróxido en osíxeno e auga. A forma en que se misturan produce esta bonita estampa.

 

Reacción oscilante de Belousov-Zhabotnsky

Non se trata dunha única reacción senón do encadenamento de máis de 18 pasos moi complexos que deron lugar a que se escribiran numerosos artigos sobre o tema. Utilízase ácido malónico, sulfúrico, unha sal de bromato, outra de bromura, outra de ferro e unha solución acuosa. O resultado podédelo ver no video.

 

Coca Cola e leite

O resultado de misturar Coca-Cola e leite non te deixará indiferente. O ácido fosfórico do leite reacciona coa acidez do refresco (que ten un pH de arredor de 4,5) e produce que se precipite cara o fondo da botella. O resultado a continuación:

 

Luz líquida

O luminol é unha substancia que pode emitir luz en determinadas condicións. Neste experiento poderemos ver que pasa se usamos tan só 0,2 g de luminol e lle engadimos bicarbonato e sulfato de cobre.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies