Carolina Bescansa nunha comparecencia // Imaxe: podemos.info

Presión sobre Carolina Bescansa para que non se presente ás primarias

A candidatura de Carolina Bescansa non sentou ben á dirección de Podemos que arremeteu contra a deputada pola súa intención de presentarse ás primarias a secretaria xeral do partido en Galicia.

Primeiro foi Pablo Iglesias o que indicou, nunha entrevista na Sexta, que lle chamara a atención que se puidera presentar despois de levar 20 anos vivindo en Madrid. A continuación foi o secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique, quen fixo declaracións indicando que Bescansa era deputada por Madrid e que hai meses que fixera declaracións nas que amosaba aspiracións a entrar na política madrileña.

https://twitter.com/anapastor/status/1046520190379413505

Tamén Antón Gómez-Reino, deputado e candidato á secretaria xeral, fixo declaracións tras unha xuntanza na Coruña: “Galicia non pode ser o retiro dourado nin o plan B de ninguén”.

Fontes próximas a Carolina Bescansa indican que está a sufrir presións para que non concorra ás primarias en Galicia e deixe camiño libre a Gómez-Reino.

Cargos institucionais do partido cargaron tamén contra a candidatura da compostelá como foi o caso da ex deputada no Parlamento galego, Magadalena Barahona, que a acusaba abertamente de deslealdade e que conta, entre os gústames, co do deputado no parlamento galego Pancho Casal:

Carolina Bescansa informou que apraza a súa decisión sobre se aceptar presentarse á primarias galegas nunha comparecencia que que se puideron ver membros da dirección saínte de Podemos Galicia e inicou que tomará unha decisión nos próximos días unha vez manteña contactos con inscritos e cargos do partido. Na mesma comparecencia aproveitou para respostar algunha das acusacións que se fixeron sobre ela. “Pienso que no tengo que dar más explicaciones sobre mi vínculo con Podemos y sobre mi vínculo con Galicia y con Santiago”, declarou en referencia ás palabras de Iglesias ampliando o que ela mesma escribira no Twitter o día anterior:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies