Fran Beltrán, o xogador madrileño que cre no galego

Fran Beltrán leva poucos meses en Vigo, máis non está a pasar desapercibido, nin dentro nin fóra do campo.

A nivel deportivo, o xogador madrileño está a demostrar tanto a súa calidade como que aínda ten unha gran proxección futbolísitica, gozando da simpatía do adestrador Antonio Mohamed, que non ten dubidado en aliñalo como titular no once celeste.

Pero onde tamén destaca Beltrán entre os afeccionados celestes é ans súas redes sociais, o xogador asegura estar aprendendo galego para así comunicarse mellor cos afeccionados celtistas, e non dubida en chiar en galego en canto ten a oportunidade.

Recentemente nunha entrevista radiofónica confirmou a importancia que ten para el o noso idioma e que espera seguir formandose para poder facer entrevistas integramente ne galego.

 

Na rede social twitter o seu chío destacado non é outro que referíndose aos centos de xeitos que as galegas teñen para referirse á choiva relacionándoo co momento actual do Celta.

 

Mentres que no Facebook, o xogador non quere ser menos, e vén de estrear a súa páxina na rede social onde o galego tamén é o seu idioma vehicular en moitos dos seus posts.

 

Fran Beltrán que procede do Rayo Vallecano, foi decisivo no último ascenso da equipa de Vallecas a primeira división, o que chamou a atención de varios clubes no estado. Pero foi o Celta de Vigo que o deu todo porel pagando a súa clausula de rescisión para traelo a xogar ao país.

 

As redes sociais do Celta de Vigo tamén se fan eco da simpatía coa que Beltrán goza entre a afección, tal e como podemos ver na última enquisa celeste en twitter, a cal o xogador encabeza nestes momentos.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies