Un robot que fai parkour?

Chámase Atlas e é unha creación da empresa Boston Dynamics.

Google mercou no ano 2013 a empresa Boston Dynamics, unha entidade que se adica á innovación robótica. A estrela da empresa é Atlas, un robot antropomorfo do que se ten falado bastante nos últimos anos.

A empresa ven de publicar un video en YouTube no que o seu robot é capaz de saltar obstáculos, troncos e escaleiras de 40 centímetros de altura á carreira e sen perder o equilibrio.

Atlas é un robot de metro e medio de altura e que pesa tan só 75 quilos grazas a que as súas pezas foron feitas ad hoc mediante unha impresora 3D. O robot é capaz de ‘ver’ grazas a un sistema de visión en estéreo que lle permite ter campo de profundidade na detección de obxectos. O resultado é espectacular:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies