Un lume en Rairiz de Veiga // Imaxe: https://twitter.com/Incendiosgalic1

Aniversario da vaga de lumes: mudou algo neste tempo?

Entre o 14 e o 16 de outubro de 2017 Galicia foi asolada por unha gran vaga de lumes que deixou 4 persoas falecidas e aproximadamente 49.000 hectáreas calcinadas. Cumprido un ano desa tráxica fin de semana, cómpre avaliar o acontecido neste tempo.

Esa fin de semana criticouse, tanto por parte dos profesionais do sector como por parte dos partidos da oposición, que fallou o dispositivo contra incendios (faltou organización, coordinación e disposición de medios), pero tamén se constataron as eivas do modelo forestal en Galicia, a falta de información á poboación… Non se soubo afrontar a emerxencia, nin nas vilas nin nas cidades.
A atomización e precarización dos dispositivos de extinción de incendios, a falta de políticas de prevención, o exterminio planificado do rural, a falta de ordenación e a pésima xestión forestal foron algúns dos condicionantes aportados de que se dera a situación vivida fai un ano.

O 7 de novembro de 2017, no Pleno do Parlamento, o presidente da Xunta propuña un “acordo forestal” con 30 medidas, das cales, dende a oposición afeábanlle que so 5 podían considerarse “novidosas”, pois boa parte delas xa estaban recollidas na lexislación, so que non se cumprían.

Un ano despois dese anuncio, gran parte desas 30 medidas, incluso as que se atopan en leis xa vixentes, seguen sen levarse a cabo: o convenio con SEAGA non se implementou, hai concellos que carecen de motobombas, o mapa de emerxencias segue pendente, carecese de plans de ordenación, etc.

Fai uns días o incendio de Mondariz facía revivir esa fin de semana de fai un ano, onde moita xente apagou o lume coas súas propias mans, onde houbo falecidos…. mentres o presidente da Xunta dicía que non pasaba nada.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies