Os Jordis nunha manifestación // Imaxe: https://www.omnium.cat/

Amnistía internacional pide a liberdade dos Jordis

Amnistía Internacional atopa inxustificable o mantemento da prisión provisional de Jordi Sànchez e Jordi Cuixart despois dun ano da súa entrada na cadea e volve pedir a súa liberdade inmediata.

A organización considera que o mantemento desta medida constitúe unha restricción excesiva e desproporcionada dos seus dereitos á liberadede de expresión e reunión pacífica. Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional no estado español declarou que “En lugar de aprovechar la oportunidad para poner fin a la detención de Jordi Sànchez y de Jordi Cuixart, las autoridades judiciales han agravado esta injusticia” e fai estas declaracións despois de que dúas resolucións da Sala do penal do Tribunal Supremo rexeitaran as peticións de liberdade dos avogados dos Jordis e despois de que o Tribunal Constitucional tamén rexeitara a suspensión cautelar da prisión provisional en varias ocasións.

Amnistía Internacional xa manifestara que deberan ser postos en liberdade de inmediato no momento en que ingresaron en prisión. “Los cargos que pesan contra los Jordis, según la información de la que dispone Amnistía Internacional, son injustificados y, por tanto, deben ser retirados. En caso de demostrarse que convocaron a manifestantes con el fin de impedir una operación policial lícita, esto podría ser perseguido, ya que podría tratarse de una alteración de orden público, y ser objeto de sanción penal. Pero atribuirles delitos graves como la rebelión o la sedición es desproporcionado y una restricción excesiva de su derecho a la libertad de expresión y de reunión pacífica”, indicou Adriana Ribas, coordinadora de Amnistía Internacional en Cataluña.

A organización tamén indica que Jordi Sànchez y Jordi Cuixart, como ciudadáns particulares e presidentes de organizacións da sociedade civil no momento dos feitos que se están investigando, tiñan “derecho a organizar y promover reuniones pacíficas en apoyo al referéndum y a la independencia de Cataluña” e conclúe dicindo que “con respecto de los hechos del 20 y 21 de septiembre hasta donde consta a la organización, no parece que ni Jordi Sánchez ni Jordi Cuixart animaran a los manifestantes a utilizar la violencia, de modo que tanto los actos esporádicos de violencia cometidos por manifestantes como los daños causados a unos vehículos de la policía en septiembre, no deberían atribuírseles directa ni indirectamente a ellos en tanto que organizadores o promotores de las movilizaciones”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies