Brigadistas de SEAGA maniféstanse nas rúas de Compostela

Máis de 200 bombeiros e bombeiras forestais da empresa pública SEAGA saíron este martes á rúa reivindicando que a Xunta de Galicia puntúe a súa experiencia laboral á hora de acceder ás listaxes de contratación do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) que depende directamente da Consellería de Medio Rural.

As protestas do persoal de SEAGA, que ademais se atopa en folga indefinida dende o 16 de setembro,  xurden da decisión da Xunta de non continuar coa encomenda que ten actualmente asignada á empresa pública nas labores de prevención e extinción de incendios forestais durante a tempada de alto risco. Unha situación que deixa no aire preto de 500 postos de traballo.

Se ben a aministración asegurou que para paliar estas baixas ía aumentar en 400 prazas o SPDCIF, os traballadores de SEAGA aseguran que de confirmarse eles non poderán optar a elas xa que non se lles puntúa o tempo traballado na empresa pública. “Levamos 12 anos apagando incendios en Galicia e a Xunta bótanos á rúa sen darnos outra saída ou opción, ao non puntuar a nosa experiencia para poder optar a integranos no SPDIF” comentou un dos manifestantes.

A concentración, convocada pola CIG, partiu dende San Lázaro e rematou diante do edificio da Consellería de Medio Rural en San Caetano. Segundo fontes de este sindicato as accións de protesta iranse intensificando estes días mentres a Xunta non lles garantice unha solución á súa situación laboral.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies