III Foro Galego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego en Allariz

É posible dinamizar o campo e poñer en marcha todo tipo de iniciativas agrogandeiras viables

Os días 20 e 21 de outubro celebrábase na vila alaricana este Foro, organizado polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración do Concello de Allariz, cun programa cargado de actividades para reforzar a aposta por consolidar os proxectos e as redes de agroecoloxía de Galicia.

Durante a primeira xornada do Foro, realizouse unha visita ao Mercado da Reserva da Biosfera, onde se venden alimentos de calidade cultivados e producidos no rural da bisbarra. Elixiuse ese lugar por ser, segundo a organización, “unha das mellores expresións de que, co apoio decidido das administracións municipais, é posible dinamizar o campo e poñer en marcha todo tipo de iniciativas agrogandeiras viables”.

As encargadas de inaugurar o programa de actividades foron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e Sonia Vidal Lamas, gandeira de Xunqueira de Ambía que forma parte da executiva do SLG, que facían arrincar o Foro co berro “Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza”.   

Nas diversas palestras que tiveron lugar ambos días, escoitáronse testemuñas de proxectos innovadores que tiñan en común a agroecoloxía: Maskilu, a cooperativa Cume do Avia, a Asociación Noneomesmo, Daqui e darredor, RedeRevolta de Agroecoloxía, etc. expúxose o BOND project, no que participa o SLG e cuxo obxectivo é “acadar altos niveis de organización e creación de redes para desenvolver un sector agrícola máis forte, sostible e harmonioso en Europa a longo prazo”

Tamén se realizaron obradoiros prácticos para ensinar técnicas e chaves para mellorar aspectos dos traballos colectivos e sobre a viabilidade económica dos proxectos agroecolóxicos.    

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies