Brasília - O deputado Jair Bolsonaro durante promulgação da Emenda Constitucional 77, que permite médicos militares trabalharem no SUS (Antonio Cruz/Agência Brasil)

Bolsonaro, o neofascista que gobernará Brasil

Jair Bolsonaro será o presidente de Brasil tras acadar a vitoria nas eleccións celebradas o pasado domingo nas que obtivo en torno ao 56% dos votos fronte ao 44% conseguido polo progresista Haddad. Bolsonaro gañou en todas as rexións de Brasil menos no Nordeste, o bastión electoral do Partido de los Trabajadores (PT).

Jair Bolsonaro, segundo afirman, o home que se erixiu nunha versión tropical de Trump, asegurou “Nunca estiven so. Sempre sentín a presenza de deus e a forza do pobo brasileiro. Isto é unha misión de Deus” tras coñecerse os resultados das votacións.

A súa ideoloxía ultradereitista provocou que medios como o semanario británico The Economist o calificasen de “ameaza para a democracia” por afirmacións como que pecharía o Congreso o primeiro día tras ser elixido presidente. Entre as súas propostas están reforzar o poder das Forzas Armadas na seguridade nacional e protexer legalmente tanto aos policías que maten a criminais estando de servizo (“un policía que non mata, non é policía”, declarou) como aos donos de propiedades que se vexan asaltadas e asasinen aos invasores, reducir a idade de ingreso en prisión, tipificar como terrorismo as protestas de sindicatos de traballadores agrarios sen terra se son en terreos privados, privatizar servizos, militarizar a ensinanza, modificando os plans de estudo porque segundo aseverou “o obxectivo principal da educación é atender á economía e formar un bo profesional”, polo que prohibirá a ensinanza de ideas progresistas (igualdade de xénero, feminismo, etc).  

Miriam Bezerra, unha pedagoga que traballa nunha escola municipal e fixo campaña para Haddad manifestaba que “gañaron as balas fronte aos libros. Brasil preferiu quedarse cun excapitán mediocre en vez de cun profesor universitario culto e comprometido coa historia dos afrodescendentes. É unha traxedia sen precedentes”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies