O desemprego medra en Galicia un 26,38% máis que no resto do estado
Medra o desemprego en Galicia e a porcentaxe de persoas desempregadas con dereito a prestación redúcese deixando desprotexida a unha pobación con maior risco de exclusión.
O mes de outubro rematou con 169.744 persoas desempregadas, un 2,06% máis que o mes anterior continuando coa liña ascendente do paro rexistrado ligado aos despedimentos no sector servizos. Os datos galegos son sensiblemente peores que os do estado onde o incremento no número de persoas desempregadas foi dun 1,63% e, do análise destas cifras, obtemos que o desemprego medra en Galicia un 26,38% máis que no estado.
Dabe resaltar que entre os menores de 25 anos o desemprego medrou no mes de outubro nun 7,55%, evolución moito máis acusada que noutros rangos de idades consolidando unha tendencia nefasta para o futuro laboral das mozas e mozos do noso país.
En relación á contratación, destaca que só no mes de outubro asináronse en Galicia 103.484 contratos, unha cifra certamente elevada para as dimensións do mercado laboral pero que, como ten sucedido outros meses, amosa unha alta rotación na contratación e unha escasa consolidación destes máis de 100.000 contratos. Así, a contratación medrou no mes nun 6,89%. Pero é que a contratación temporal medrou nun 7,5% e a indefinida tan só nun 1,56%.
Valoración da CIG
A CIG responsabiliza desta situación ás reformas laborais que arrasaron cos dereitos da clase traballadora que “precisa gobernos que teñan en conta os seus intereses e non os da oligarquía económica”, afirma o secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, para quen “a derrogación das contrarreformas laborais é unha necesidade urxente”.
Cartelle denuncia ademais a “incapacidade” do goberno de Núñez Feijoo “para arbitrar medidas que poidan paliar esta situación en Galiza, nin sobre o emprego nin sobre a protección social”.
O secretario confederal de Emprego denuncia que o emprego que se crea en Galiza é cada vez máis precario. Advirte do cada vez maior empobrecemento da clase traballadora galega e urxe “un cambio de rumbo nas políticas de emprego” que considera “vital para rematar co modelo de traballo precario construído polas contrarreformas laborais do PSOE e do PP”.
Valoración de UGT-Galicia
Estes datos reflicten, para UGT-Galicia, a debilidade do sistema produtivo, baseado en actividades estacionais, moi ligadas ao trimestre do verán.
Para UGT-Galicia, resulta prioritario reforzar a protección das persoas, mellorando a cobertura das prestacións por desemprego. Así, a taxa de cobertura sitúase no 52% en Galicia, fronte ao 56,6% estatal, ofrece protección a 78.734 traballadores e deixa fóra do sistema a 87.586 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura como aos que non o xeraron previamente.
Tan só 35.373 persoas son beneficiarias dunha prestación por desemprego de carácter contributivo, tan só o 45% do total, o que indica unha gran precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 785,5 euros ao mes. A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexa un subsidio (34.754), renda activa de inserción (7.947 persoas) ou programa de activación de emprego (660 persoas). O número total de persoas afiliadas/cotizantes á Seguridade Social é de 1.013.198 no mes, caendo en 690, evolución contraria ao resto do Estado onde medrou. Galicia aínda está moi afastada dos niveis de cotizantes previos á crise e cun claro acento de estacionalidade e temporalidade.
GALICIA |
Outubro 2018 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados |
169.744 |
3.424 |
2,1 |
-16.159 |
-8,7 |
* homes |
71.014 |
2.330 |
3,4 |
-8.560 |
-10,8 |
* mulleres |
98.730 |
1.094 |
1,1 |
-7.599 |
-7,1 |
Nº parados mozos < 25 anos |
8.756 |
615 |
7,6 |
-908 |
-9,4 |
Nº desempregados por sectores* | |||||
* agricultura |
6.075 |
814 |
15,5 |
-627 |
-9,4 |
* industria |
18.940 |
207 |
1,1 |
-2.533 |
-11,8 |
* construción |
13.841 |
-137 |
-1,0 |
-3.237 |
-19,0 |
* servizos |
115.892 |
2.573 |
2,3 |
-8.413 |
-6,8 |
* sen emprego anterior |
14.996 |
-33 |
-0,2 |
-1.349 |
-8,3 |
Beneficiarios prestación por desemprego (setembro) |
78.734 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro) |
52,04 |
||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (setembro) |
87.586 |
||||
CONTRATACIÓN | |||||
Nº contratos |
103.484 |
6.666 |
6,9 |
8.614 |
9,1 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
10.053 |
154 |
1,6 |
2.096 |
26,3 |
Nº contratos temporais |
93.431 |
6.512 |
7,5 |
6.518 |
7,5 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL | |||||
Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais) |
1.013.198 |
-690 |
-0,1 |
23.294 |
2,4 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social |
#precariedade #PobrezaLaboral Medra o paro en Galiza malia asinarse máis de 100.000 contratos en outubro e descende en máis de dous puntos a porcentaxe de persoas desempregadas con dereito a algún tipo de prestación https://t.co/rDGTptdHZX pic.twitter.com/EdASEoRksA
— CIG (@galizaCIG) November 5, 2018
A debilidade do sistema reflíctese con emprego temporal, estacional e precario. https://t.co/6kuPOG41Fk pic.twitter.com/WZDPyXD1cv
— UGT Galicia (@UGT_Galicia) November 5, 2018