https://www.flickr.com/photos/1957learsi/34226260424/

A CIG-Ensino cualifica a situación do persoal do Junior´s como “desesperada”

Aseguran que os 21 traballadores/as do colexio Junior´s “acumulan impagos de ata 5 meses e que descubriron que, nalgúns casos, non estaban contratados/as nin cotizando á Seguridade Social”.

Dende a CIG-Ensino lamentan que a situación no colexio Junior´s, “lonxe de ter visos de solución, está máis enquistada que a comezos de curso”, pois aseguran, “acumúlanse os impagos ata os 5 meses nalgúns dos casos máis graves e mesmo hai persoas que descubriron que non están dadas de alta na Seguridade Social despois de comezar a traballar en setembro”.

O responsable comarcal da CIG-Ensino, Rubén F. Monteagudo, afirma que “tanto os/as docentes como o resto de persoal están desesperados/as, o que se reflicte na escasa matrícula que ten o centro, con arredor de 40 alumnos/as nestes momentos”.  

Dende o sindicato informan de que “xa se iniciaron as medidas xurídicas oportunas, coas primeiras reclamacións e dándolle traslado á Inspección de Traballo da situación, após fracasar a vía do diálogo e da negociación co seu xerente e propietario”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies