Amigos da Terra propón un Bo Nadal Responsable
A través dun comunicado, Amigos da Terra propón un Bo Nadal Responsable compartindo unha serie de consellos para reducir, non só o plástico, senón os produtos de usar e tirar en xeral.
Para a organización ecoloxista, “unha máxima para ter sempre en conta é que os produtos duradeiros e reutilizables sempre son a mellor opción”.
En canto aos agasallos, recomendan “xoguetes de madeira e metal”, e para o envasado “seleccionar produtos con poucos plásticos e materiais de usar e tirar, esixindo aos fabricantes que os reduzan”. Para a embalaxe, apostan por “opcións moi prácticas como por exemplo teas bonitas ou caixas sólidas re-utilizables”.
Propoñen tamén “facer agasallos non materiais: unhas entradas ao teatro, masaxes, unha achega solidaria…pois desta forma evítamos residuos nos envoltorios, reducimos a extracción de recursos naturais…”.
En relación ás comidas e ceas destas datas, aconsellan “facer unha boa planificación das comidas e aproveitalas os días posteriores”.
Rematan asegurando que o principal é “ter en conta que as alternativas reutilizables son a mellor opción” e que “nun mundo baixo de consumo todos/as saímos gañando”.
Nestas datas nas que o consumo se dispara, compartimos algúns consellos para unhas festas #OperaciónPlasticOff. Para coidar o noso planeta necesitamos ser conscientes das compras que facemos, e cantos residuos imos xerar a partir delas https://t.co/wjNERvjzkb
— Amigos da Terra (@adtgalicia) December 21, 2018