Imaxe: wikipedia.org

Brutal vídeo do atropelo de Dani Rovira mentres gravaba un documental solidario

O actor Dani Rovira e dous dos seus compañeiros de ruta foron atropelados por un vehículo mentres participaban nun reto solidario que se estaba gravando como parte dun documental para visibilizar a enfermidade da síndrome de Rett.

Un grupo de ciclistas entre os que se atopaba o actor Dani Rovira foron atropelados en Francia durante a rodaxe da película “Todos los caminos”, polo despiste dun condutor por culpa do móbil.

Rovira, xunto ao adestrador Martín Giacchetta e o bombeiro Germán Torres realizaban, fai dous anos, unha ruta de 11 etapas para cubrir a distancia entre Barcelona e Roma, onde se atoparían co papa Francisco. O reto estaba sendo gravado como parte do documental “Todos los caminos”, que se estreou o pasado día 11 e co que se quere dar visibilidade ao síndrome de Rett, unha enfermidade conxénita que afecta a un de cada 10.000 nenos e nenas e que provoca, a partir do segundo ano de vida, perdas progresivas das capacidades, o que converte a quen a sofre en dependentes para o resto das súas vidas.  

No impactante vídeo publicado polo actor malagueño pódese ver como mentres pedalean un vehículo aparece por detrás e os enviste, pasando as bicicletas e os ciclistas por riba do vehículo.  

Dani Rovira pedía estes días “respecto máximo para os ciclistas, que nos xogamos a vida”, engadindo que “a xente que conducimos levamos un pedazo de carro de aceiro e con calquera despiste nos podemos levar a alguén por diante. Nos tivemos moita sorte, pero hai un montón de familias truncadas por un despiste” En referencia aos ciclistas, aseguraba “moitísimo coidado tamén, respectade as sinais, non vos volvades tolos que así perdemos o respecto dos condutores”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies