Derrota desta volta para o Auriense Campus da Auga F.G.
O Auriense volve de A Estrada con dúas derrotas, pero con boas sensacións.
Difícil tarefa a que tiñan os dous equipos de Auriense Campus da Auga na súa visita o pasado sábado á Estrada para batirse con Irmandinhas e Irmandinhos.
No primeiro partido da tarde, o equipo feminino, con numerosas baixas, estivo a piques de levarse o encontro, sucumbindo ao final por tan só 3 tantos. Un partido moi igualado, onde as xogadoras ourensás competiron a un nivel excepcional, pero no que non tiveron sorte nos derradeiros minutos, sendo o resultado final Irmandinhas 3-14 (26) – Auriense 3-11 (23).
A pesares da derrota tamén do equipo masculino, as sensacións no xogo foron ben distintas. O equipo do Auriense mantívose no encontro practicamente durante 50 minutos, pero a maior presenza física do líder acabou por desequilibrar o choque, co resultado de Irmandinhos 3-21 (30) – Auriense 3-07 (16).
Grandes encontros os disputados, tanto o feminino como o masculino, que soben as expectativas ante os partidos vitais que xogarán a vindeira fin de semana no Campus Universitario ante o Keltoi de Vigo.
Boa xornada a da nosa xente este sábado na Estrada!
As primeiras en saltar ao verde do Manuel regueiro foron as rapazas. O Auriense, a pesar de contar con seis xogadoras, foi quen de xogarlle de ti a ti a un equipo… https://t.co/GTZhOmlEiW
— Auriense Campus da Auga FG (@AurienseFG) January 14, 2019