Preacordo entre sindicatos e Alcoa para manter o emprego ata xuño

A empresa investirá 20 millóns de euros na planta de Avilés e outros 20 na da Coruña para garantir o mantemento do emprego ata o 30 de xuño de 2019.

Os sindicatos e a dirección de Alcoa acadaron un preacordo mediante o que a empresa investirá 20 millóns de euros para garantir o emprego, tanto na planta de Avilés como na da Coruña, ata finais de xuño de 2019. O texto, subscrito polas partes no derradeiro día do periodo e consultas do ERE, deberá ser ratificado polo persoal de ambas plantas.

O executivo será o encargado de buscar un inversor que garanta o funcionamento das dúas fábricas. Os representantes do persoal piden, ademais, “o compromiso do Goberno central, o Principado de Asturias e a Xunta de Galicia de manter o 100% dos postos de traballo a partir do 1 de xullo se non existe ningún inversor que garanta o seu funcionamento a partir desa data”. O preacordo entregábase onte aos responsables de Industria e Traballo.   

Dende Alcoa aseguran que o precordo ofrece solución a uns 355 empregados, máis da metade do cadro.

Fontes gubernamentais explicaron que “a actividade non vai parar nas plantas de Avilés e A Coruña, onde seguirán traballando unha parte dos empregados afectados”, mentres o goberno comprometese a “facilitar a saída do resto, tanto en forma de baixas incentivadas e prexubilacións como recolocacións noutros lugares de actividade”, asegurando que “a 1 de xullo de 2019 ten que estar resolto o asunto”.

A compañía estadounidense produtora de aluminio inicio a súa actividade en España como resultado da privatización de INESPAL, aprobada en xaneiro de 1998 polo goberno de José María Aznar por uns 400 millóns de euros. Agora está sobre a mesa o futuro de case 700 traballadores e traballadoras de ambas fábricas da multinacional estadounidense que a dirección pretende pechar aducindo “improdutividade”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies