Complexo hospitalario universitario de Ourense // Imaxe: https://www.xunta.gal

O BNG reclama hemodinámica as 24 horas en Ourense

O BNG volverá pedir no Parlamento que garanta o servizo de forma permanente e se deixe de xogar coa vida das e dos ourensáns con este agravio.

Coñecida a nova de que o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo contará co servizo de Hemodinámica as 24 horas como reivindicaron persoal sanitario e usuarios durante anos, Noa Presas quixo parabenizar á veciñanza de Lugo “pois esta é unha vitoria das persoas e forzas políticas que non se resignaron diante da discriminación que sofre o interior do país e reflexa como se move o Partido Popular que usa o Sergas para facer precampaña ou para dar melloras puntuais diante da mala imaxe que está dando ao destapárense as carencias froito dos seus recortes”.

Para Presas “é unha inxustiza sen comparación que o Hospital de Ourense continúe sen Hemodinámica 24 horas e que o anuncio da ampliación de horas non nos inclúa. Falamos de salvar vidas, unha non pode escoller ter un infarto en horario laboral; é un servizo de primeira necesidade, non é un luxo ou un complemento prescindible e o único que pedimos e que Ourense sexa igual e tamén reciba a hemodinámica 24 horas”

Para o BNG “A política sanitaria de Núñez Feixóo á fronte da Xunta de Galiza ao longo destes anos está poñendo contra as cordas a sanidade pública tal e como amosan as denuncias de forzas políticas, persoal sanitario e doentes. Non se pode permitir que non se garanta o acceso aos servizos sanitarios en condicións de igualdade e que Ourense siga perdendo mentres outros territorios melloran.”

Finalmente Presas apuntou que “isto é a proba de que ás e aos ourensáns non nos vale de nada ter ao PP no Concello e na Deputación, se Vázquez ou Baltar tiveran a máis mínima vontade de poñer Ourense por riba das siglas do PP non estaríamos así”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies