Só 108 militantes de EU participaron na consulta sobre a coalición con Podemos
En Galicia soamente participaron na consulta 108 persoas das que 68 votaron a favor da coalición con Podemos, 36 en contra e 4 abstivéronse.
Izquierda Unida deu a coñecer onte os resultados da súa consulta interna na que se preguntaba á militancia se a formación liderada por Alberto Garzón reeditaba a coalición con Podemos ao igual que xa fixeran en Xuño de 2016. Finalmente un 61,5% dos participantes votou a favor de continuar o pacto electoral coa formacion morada por preto dun 35% que votou en contra. A participacion foi de 10.347 militantes, un 27% dos 37.800 chamados ao voto.
Nesta consulta chama a atencion a baixa participacion da sucursal galega de IU, apenas 108 militantes exerceron o seu dereito ao voto. Como Esquerda Unida non fai públicos os datos do seu número de militantes é dificil precisar se esta participacion se debe a un baixo interese da súa militancia polos procesos electorais aos que se presentan a suas siglas ou a baixa cantidade do censo total de militantes que ten en Galicia a formación liderada por Eva Solla.
🗳 Resultados del referéndum sobre el preacuerdo para concurrir en coalición a las próximas elecciones generales y europeas
Sí: 61,55%
No: 34,75%
Abstención: 3,7%📝 Nota de prensa: https://t.co/hvMTh8qWrD pic.twitter.com/zWrtgXpkrR
— Izquierda Unida🔻 (@iunida) March 11, 2019