Desputados encontros na Liga Galega de Fútbol Gaélico

Desputados encontros na liga galega de Fútbol Gaélico esta pasada fin de semana.

Unha semana máis as 16:30 abriuse a xornada no Campo de Rugbi. Enfrontábanse o Auriense e os Fillos de Breogán da Coruña, cuarto e terceiro clasificado respectivamente. Desta vez os rapaces comezaron primeiro. Nun partido frenético, marcado polo acerto a paos, os locais marcharon ao descanso cunha vantaxe de 4 puntos. Na reanudación, o maior acerto de cara a porta do Auriense mantivo a vantaxe local, rematando cun resultado de Auriense 05-14 (29), Fillos 02-14 (20)

A continuación no partido feminino, que  comezou marcado polos continuos contragolpes de ambos equipos, destacando boas accións das porteiras de ambos equipos.  Nos derradeiros momentos, o marcador chegou ao empate a 22 puntos tras unha serie de excelentes xogadas, mais o mellor acerto das herculinas rematou por darlle a vitoria as visitantes por so dous puntos. Auriense (22) Fillas (24).

A falta dunha xogada para rematar a Liga masculina, os equipos masculino e feminino mediranse a semana próxima aos Irmandinhos e Irmandinhas da Estrada.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies