Emocionantes e intensos partidos entre Auriense e Herdeiras no Campus Universitario

Na tarde do pasado domingo, baixo unha choiva intensa, disputouse no Campus Universitario unha nova Xornada da Liga galega de Fútbol gaélico. Desta volta o Auriense Campus da Auga (único representante ourensán da competición) recibía no masculino e feminino ao Herdeiras de Dhais, de Lalín.

No primeiro encontro, os equipos masculinos xogaron un partido moi igualado, tendo en conta ademais que ambos se disputaban o 4º posto da clasificación, que da opcións á loita polo título na segunda volta. Sen apenas diferenzas no marcador, aínda que co equipo local levando a iniciativa en case todas as fases do partido, chegouse á última xogada que, cun tiro a paus de Herdeiros, fixo que o partido se empatara, co conseguinte reparto de puntos: Masculino 4-5 (17) vs 0-17 (17). 
En canto ao feminino, aínda máis emocionante e espectacular choque de ambos equipos. Cuns últimos 5 minutos no que se deron ata catro alternativas no marcador e onde, finalmente e cun gol pola escadra na derradeira xogada, a vitoria caeu por só un tanto para Herdeiras: Feminino 4-15 (27) vs 5-13 (28).  

Pese a derrota, as ourensás reivindican o seu bo xogo e, festexan o debut de ata 2 xogadoras novas, que impulsa o proxecto do Auriense, tendo ao redor de 40 persoas practicando o deporte na cidade.

Chega o parón de competición, pero non de adestramentos, que se realizarán no Campus e de xeito aberto, para que todas aquelas persoas interesadas podan acudir a probar o deporte.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies