Sabela Ramil leva o galego á final de Operación Triunfo

A súa clara aposta polo idioma abre un debate nas redes sociais

Sabela Ramil é unha das cinco concursantes finalistas en Operación Triunfo, un dos reality shows con maior influencia nas novas xeracións. A cantante xógase entrar no top tres e incluso chegar a gañar o concurso, e faino apostando unha vez máis por unha canción en galego, sendo Tris-Tras de Marful, a canción seleccionada.

A aposta polo idioma é innegable, a cantante escolleu cancións en galego nos diferentes momentos críticos ó longo do seu paso polo concurso: nominación, semifinal e final. Asimesmo pódense ver vídeos dela versionando cancións en galego (dende Berrogüetto ou Guadi Galego aos clásicos da música tradicional), e tamén está a compor dentro da academia no noso idioma.

Con esta aposta conseguiu un forte apoio tanto dentro como fóra de Galicia e ao mesmo tempo levantou un gran debate acerca das razóns polas cales elexía cantar en galego, algo tan pouco usual no marco da TVE. A resposta, sen embargo, parece sinxela, Sabela é galegofalante, ela mesma destacou o raro que se lle facía falar coa súa nai en castelán, ou o moito que botaba de menos falar en galego. Como parte dese “ser galegofalante”, Sabela pensa e emociónase na súa lingua. Lingua que escolle de xeito totalmente natural, da mesma maneira que lle ocorre a Famous có inglés (idioma no que fala cos seus pais) ou a Julia co castelán.

De feito, un dos aspectos máis comentados e aplaudidos en Twitter durante a fin de semana, foi que na cea de nadal que se fixo na academia de Operación Triunfo había unha mesa trilingüe, era a mesa na que estaban Sabela, Famous e Julia coas súas respectivas familias. Os seguidores do concurso loaban a diversidade da mesa e comentaban cómo o feito de falar idiomas diferentes non provocaba ningún tipo de impedimento para a comunicación. Esa mesma noite tódolos concursantes e todolos familiares remataron cantando A Rianxeira, mentres Sabela e os seus pais dirixían a cantiga.

Pódese votar unha vez ó día mediante a app gratuita de OT 2018, ou en calqueira momento do día mandando un sms ao 25152 coa mensaxe “Gana Sabela”.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.gestmusic.ot2017

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies