Presentación da exposición da 'Derradeira lección do mestre' na Cidade da Cultura // Imaxe: https://twitter.com/En_Marea

“A derradeira lección do mestre” exporáse tamén en Ourense

A Deputación de Ourense anunciou que “A derradeira lección do mestre” poderá verse tamén en Ourense, unha vez remate a mostra “Castelao maxistral” en Santiago, grazas a un acordo co Centro Galicia de Bos Aires.

A partires do tres de marzo, data na que remata a exposición “Castelao maxistral” na cidade da cultura, a obra viaxará á provincia de Ourense, para exhibirse na sede da Deputación, nun formato “aínda por determinar”.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou a “inmensa emoción” que supón que o cadro poida verse en Ourense, asegurando que se trata dunha nova “de forte impacto cultural e emocional para o mundo da galeguidade” polo que enfatixou o seu desexo de que “os ourensáns poidan contemplar presencialmente esta obra nas instalacións da deputación, para o que disporemos todo o necesario para que sexa un éxito”.

Polémica na presentación en Santiago

O cadro exhíbese dende o pasado 5 de outubro na Cidade da Cultura, onde foi visitado por centos de persoas. A chegada do cadro daquela xerou unha intensa polémica protagonizada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante a súa intervención, ao obviar que o cadro constituía unha homenaxe a Alexandre Bóveda e ás persoas asasinadas e represaliadas polo franquismo mentres espetaba “somos, en gran medida, a Galicia que Castelao soñaba” (enlace ao artigo do Parte). As súas palabras foron moi criticadas, tanto polos grupos da oposición no Parlamento como pola propia Fundación Alexandre Bóveda.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies