Vitoria por partida dobre do Auriense na Liga Galega

O pasado domingo regresaba o fútbol gaélico a Ourense en dous partidos que enfrontaban ás equipas do Auriense coas do Turonia Gondomar, acadando ambas vitorias as equipas locais.  

Regresaba así o fútbol gaélico ao sintético da universidade, desta volta cun gran ambiente nas gradas para ver o debut da equipa feminina do Auriense.

Con igualdade dende o primeiro minuto e intercambio de goles, a equipa local estivo por diante practicamente todo o encontro, pero as rapazas de Gondomar nunca lle perderon a cara ao partido, tendo sempre a opción de remontada. Cun final de infarto, o resultado cae do lado local por un 6-11 (29) vs 5-09 (24).

Posteriormente tocaba a quenda dos rapaces. Nun partido igualado os primeiros 5 minutos, o Auriense mostrouse contundente e sentenciou o partido antes de chegar ao descanso, cunha vantaxe de 20 tantos. A intensidade do partido foi decrecendo no segundo tempo ata chegar ao final cun resultado para os locais de 8-19 (43) vs 0-09 (09).

A vindeira fin de semana, choques importantes para o Auriense, que despraza a ambas equipas ata A Coruña, para xogar contra Fillos e Fillas de Breogán. Dous partidos de altura entre equipas da parte alta da clasificación.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies