Raquel Bernárdez, responsable da Área de Muller de Esquerda Unida // Imaxe: https://esquerdaunida.org

Esquerda Unida denuncia o abandono da Fiscalía ás mulleres vítimas de trata

Esquerda Unida ven de denunciar o abandono da Fiscalía ás mulleres vítimas de trata ao arquivar unha parte da “Operación Carioca”, a causa xudicial máis extensa de Galicia, relativa ao prostíbulo Club Liverpool de Lugo, onde mulleres, incluso unha menor de idade, eran prostituídas mentres os axentes chamados a protexelas normalizaron a situación de violencia e explotación. 

Raquel Bernárdez, responsable da Área de Muller de EU critica “o abandono da Fiscalía a mulleres vítimas de trata en situación de vulnerabilidade e a inacción por parte do Concello de Lugo e a Xunta de Galicia, que deciden non presentarse como acusación particular”. Asegura Bernárdez “estamos a falar de mulleres e tamén de menores de idade que viven en situación de pobreza, é dicir, vítimas extremadamente vulnerables, con medo a ser expulsadas do país e que agora tamén son vítimas dunha xustiza patriarcal e machista”.    

Dende EU reiteran que a explotación sexual é unha forma extrema de violencia de xénero e que “pon de manifesto como a xustiza e a totalidade do sistema non protexe os dereitos das mulleres, máxime os daquelas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade” polo que condenan o arquivo desta peza xudicial e consideran imprescindible a aplicación de “políticas reais e efectivas de cara a combater a explotación e a violencia contra as mulleres en todos os seus ámbitos”.     

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies