Derrotas do Auriense F.G.

Fin de semana desastroso para o conxunto ourensán, que perdou tanto na categoría masculina como na feminina nos seus desprazamentos á cidade de A Coruña.

O sábado, os rapaces plantaron cara ata o descanso a Fillos de Breogán, equipo favorito ao título, caendo nun segundo tempo onde o equipo local non tivo rival e onde o Auriense desinflouse fisicamente, permitindo numerosas contras e tantos fáciles. Resultado final: Fillos 6-13 (31) – Auriense 0-04(4).
Con derrota pero con mellores sensacións, o partido disputado o domingo por parte do Auriense feminino contra Fillas de Breogán: Fillas 4-16 (28) – Auriense 0-17(17)
Pese a que en defensa as visitantes encaixaron 4 tantos, é destacable o acerto a paus que nos últimos encontros están tendo as ourensás, unha faceta importante que seguro axudará a competir coas equipas da parte alta da táboa.
 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies