Imaxe: Twitter FGB

Jorge Garbajosa visitou a sede da Federación Galega de Baloncesto

Jorge Garbajosa, presidente da Federación Española de Baloncesto, visitou este luns a sede da Federación Galega de Baloncesto.

Jorge Garbajosa viaxou este luns a Santiago de Compostela para partillar coa familia do Baloncesto Galego unha intensa xornada. Pola mañá, acompañado por Francisco Martín, Presidente da Federación Galega, o máximo mandatario FEB acometía diferentes xuntanzas cos responsables das áreas de traballo FGB, aproveitando para coñecer ao detalle a súa labor actual nesta temporada 2018-2019 e os proxectos futuros en cada caso.

Despois deses encontros de ámbito particular, e como punto central da súa visita; Garbajosa compartiu parte da tarde con todos os federados e federadas que o desexaron, cunha charla con membros dos diferentes estamentos do Baloncesto Galego, que lle transmitiron as súas inquedanzas sobre o presente dese deporte.

Como peche da xornada, o presidente FEB atendeu aos medios de comunicación en rolda de prensa.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies