Rexeitamento á implantación do coordinador parental en Galicia

Oito organizacións sociais galegas rexistraron no Parlamento o seu rexeitamento á implantación do “coordinador parental” en Galicia.

A pasada semana, un grupo de oito organizacións sociais galegas, entre as que se atopan a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), a Marcha Mundial das Mulleres (MMM), o Sindicato Labrego Galego (SLG), a Rede de Mulleres Veciñais de Vigo, a Asociación de Axuda a Vítimas de Agresións Sexuais do Baixo Miño, o Observatorio da Mariña pola Igualdade, a Asociación Fuco Buxán e a Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia, denunciaban a manipulación e o control que se está a facer da figura do coordinador parental, cuxa función, segundo referiron, será “mediar en divorcios de alta conflitividade cando exista negativa por parte dos fillos ou fillas a manter contacto cun dos proxenitores”, prantexando este rexeitamento antes de que se inicien os trámites parlamentarios para implantala en Galicia.

Rexistraron no Parlamento un escrito dirixido ao presidente do mesmo, solicitando a paralización do debate sobre a implantación do coordinador parental en Galicia, entre outras cinco medidas.  

Escrito rexistrado no Parlamento:

http://agamme.org/coordinador-parental-escrito-ao-presidente-do-parlamento-de-galiza/

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies