Imaxe: Twitter Lidia Senra

Senra denuncia a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

Lidia Senra denuncia ante a Comisión Europea a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas.

Lidia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea as “aberracións medioambientais que se están a dar na contorna da praia da Lanzada”, no concello de Sanxenxo, alertando sobre “as agresións que se están dando nesta área, incluída como zona de protección ZEC E ZEPA na Rede Natura 2000”. Centra as súas denuncias en Bruxelas na proliferación de plantas invasoras e nas obras levadas a cabo na PO-308, que afectan seriamente ás dunas.    

Senra pregunta á Comisión Europea se teñen constancia dos fondos europeos empregados nun sendeiro ciclista non construído e en todas as obras que danan as dunas na Lanzada, pedíndolle que se posicione sobre “se considera que son compatibles estas actuacións coas medidas de protección natural desta zona” e pide tamén que inclúan á uña de gato e á herba da pampa na lista de especies exóticas preocupantes para a UE, posicionandose sobre que protocolos se deberían seguir contra as invasoras en Rede Natura como é a Lanzada.  

Para Senra, é fundamental “respectar de forma escrupulosa e coidar os espazos naturais protexidos”, polo que acusa ás administracións públicas de “facer a vista gorda ante agresións tan preocupantes como as mencionadas”, chamando a “exercer con responsabilidade os deberes de control, non promocionando obras nin intervencións que están a danar a nosa costa”.    

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies