A praia de Aitoliko apareceu cuberta por unha enorme arañeira // Foto: Giannis Giannakopoulos

A praia que apareceu cuberta por unha tea de araña

Unha praia grega aparece cuberta por unha arañeira de varios centos de metros cadrados.

A localidade de Aitoliko, situada na parte occidental de Grecia, amaneceu cuberta por unha enorme tea de araña de varios centos de metros cadrados. A praia, árbores e a vexetación do seu entorno estaban debaixo dunha arañeira que superaba os 300 metros de lonxitude.

O fenómeno foi fotografado e tomado en video por Giannis Giannakopoulos un operador de cámara que documentou no seu perfil de Facebook o fenómeno e subiu videos a YouTube e pronto se fixo eco na prensa internacional graza a un artigo publicado no The Guardian.

O fenómeno foi explicado pola bióloga María Chatzaki e deuse pola acción dunhas arañas de corpos alargados chamadas Tetrahnatha que son común en Grecia e noutros lugares do mundo. Viven cerca da auga e non son perigosas para os humanos. A arañeira tampouco causará dano á flora nin ao hábitat. É habitual que estas arañas fagan as súas teas pero este ano houbo moito mosquito o que propiciou que xunto coa humidade, temperatura alta e as condicións favorables a poboación de arañas de multiplicara de tal forma que ao final as múltiples teas de araña se xuntaran de tal xeito que conformaron unha grande tea que cubriu a praia enteira.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies