Repoboación en Chandebrito // Imaxe: https://twitter.com/VolandoVoyTV

Polémica nas redes co programa “Volando Voy” de Jesús Calleja adicado á vaga de lumes

Trala emisión do programa, nas redes comezou un aluvión de críticas por parte do persoal dos dispositivos de extinción de incendios, afeando ao presentador e ao programa que manipulasen a traxedia da vaga de lumes do ano pasado ao silenciar a axentes medioambientais e bombeiros forestais, distorsinando así a realidade do que aconteceu. 

O equipo de “Volando Voy”, coincidindo co aniversario da vaga de lumes que asolou Galicia, desprazouse ata Chandebrito para, segundo informaron “escoitar os testemuños da poboación e cumprir unha dobre misión de prevención de incendios e rehabilitación de terras devoradas polo lume”.

Axentes medioambientais e forestais amosaronse moi indignados coa liña do programa, criticaron duramente que non se reflectira nin a súa labor durante aquela fin de semana, que non se lles dera voz, con frases dirixidas ao presentador nas redes sociais como “¿Nin un minuto? ¿Nin un mísero minuto nos merecemos despois de arriscar as nosas vidas para salvar o que é de todos?”, e que se silenciara tamén o servizo de avisos de incendios forestais do 085.

Ante esta situación, dende APRAFOGA (Asociación profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia) esixiron “unha rectificación do contado por Jesús Calleja”.

Tal foi a polémica xerada nas redes sociais que Jesús Calleja sacou, ao día seguinte da emisión do programa, un vídeo onde resaltaba o “agradecimiento especial a los agentes medioambientales y brigadas forestales, sois héroes”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies