Luís Villares intervindo ante o plenario de En Marea celebrado o pasado sábado

Xuventudes de Anova increpan a Villares durante a súa intervención

Os integrantes da mesa do plenario, críticos coa dirección de En Marea, impediron que o voceiro puidera rematar a súa intervención cando defendía a xestión da dirección de En Marea e censuraba algunhas actuacións dos críticos. 

Durante a súa intervención, o voceiro de En Marea asegurou que mentiu ante os medios de comunicación cando lle preguntaron pola súa ausencia no aniversario de Ferrol en Común e dixo que “fora por problemas de axenda, cando a realidade é que non fora convidado”. Aseguro, ante o plenario, que o fixera “por gardar a casa”. 

Mentres o voceiro facía estas declaracións, dende a mesa interrompíano para que terminase alegando “falta de tempo”, impedíndolle rematar o discurso, abandonando o estrado mentres os críticos o increpaban e os seus protestaban.

Non é a primeira vez que os críticos insultan a Luís Villares. No anterior plenario da formación, celebrado no mes de marzo, un numeroso grupo, entre quen se atopaban Paula Quinteiro, deputada de En Marea por Podemos e destacados dirixentes de Anova, aparecían nun vídeo gravado durante o xantar no que se mofaban do plenario de En Marea que estaba tendo lugar nese momento e proferían insultos machistas cara o voceiro da formación entre risas.

A interrupción da intervención de Villares foi respostada con insultos e berros por parte dos críticos mentres as persoas afíns ao voceiro recibíano entre ovacións.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies