Vero Boquete nun partido co seu actual clube o Beijing BG // Imaxe: https://twitter.com/VeroBoquete

Vero Boquete, o novo nome do Multiusos de San Lázaro

O concello de Compostela decide por unanimidade poñer o nome da xogadora ao estadio municipal.

Estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, así será o novo nome do Multiusos de San Lázaro, despois de ser decidido unanimemente por todos os grupos políticos do Concello de Compostela.

A noticia que foi presentada polas concelleiras Noa Morales (Compostela Aberta),  Goretti Sanmartín (BNG), María Corral (PP) e Milagros Castro (PSOE) cunha enorme ledicia por ser Vero Boquete unha veciña que está a levar o nome de Compostela polo mundo adiante.

Verónica Boquete, é a día de hoxe unha das mellores xogadoras de fútbol do mundo, tendo no seu extenso palmarés trofeos tan sinalados como unha Champions League, unha Bundesliga ou a Medalla Castelao. Boquete tamén ten a honra de ser a primeira futbolista do Estado español en disputar a Liga de Campións que finalmente acadaría gañando.

Vero mostrouse orgullosa e ilusionada por este presente e así o manifestou nas súas redes sociais onde publicou un chío ao respecto.

Tamén o Concello deCompostela mostrou a súa satisfacción no twitter pubicando varios chíos ao respecto, recoñecendo a Boquete como a mellor xogadora da historia e recordando como alá polo ano 2015 foi ela mesma a encargada de dar o pregón das festas do Apóstolo.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies