Imaxe: http://www.cig-ensino.gal

A Consellería de Educación quere amortizar 664 prazas de mestres

Un estudo feito pola CIG-Ensino do documento remitido ás organizacións sindicais das vacantes que se ofertan para o concurso de traslados no corpo de Mestres ven de detectar que as intencións da Consellería de Educación son amortizar 664 prazas de cara ao vindeiro curso.

Estudado o documento de vacantes para o concurso de traslados remitido pola inspección da Coruña, que non so contén datos desa provincia senón de todo o país, dende a CIG-Ensino, a través dun comunicado manifestan que “segundo os propios cálculos da Consellería, prevese amortizar 664 prazas, das cales 380 son de mestras e mestres do primeiro ciclo da ESO. 

De confirmarse os datos do documento, advirten, “estariamos dante dunha modificación pola porta de atrás e previa publicación no DOG dos cadros de persoal dos centros de infantil e primaria”, xa que segundo aseguran dende o sindicato, “son numerosos os casos nos que a Consellería recoñece menos postos de traballo dos que oficialmente figuran no catálogo oficial publicado no DOG”.

No mesmo comunicado aseguran que a CIG-Ensino 2demandará que todas as prazas actualmente cubertas por profesorado definitivo sexan consideradas resultas a cubrir e pedirá explicacións sobre os horarios das prazas que se pretenden amortizar, co obxectivo de evitar as supresións previstas pola Consellería”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies