Malia as continuas multas, a balsa mineira de Bama (Touro) volve desbordar

Tras un ano de constantes denuncias e logo de polo menos dúas multas de Augas de Galicia, a balsa mineira de Bama volve ser protagonista ó desbordarse novamente e verter cara o río Brandelos, afluente do Ulla, como ocorre cada vez que chove abundantemente.

Dende a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON veñen de denunciar que “a situación segue a repetirse, pois nin a empresa nin a Administración tomaron ningún tipo de medida que evite ou minimice novas verteduras de lixiviados contaminantes dende a antiga mina de Touro”.

Refiren, por contra, que o que sí repiten, “inexplicablemente”, son os premios a TEN S.L., “a empresa encargada da suposta rexeneración dos terreos da mina, en certames nos que participan como membros do xurado, curiosamente, organismos da Xunta de Galicia”.

Aseguran que dende a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON “seguiremos denunciando estes feitos as veces que sexa necesario ata que se reverta esta situación, que pon de manifesto que a Xunta non pode en ningún caso dar luz verde ao novo proxecto mineiro de cobre a ceo aberto, que só viría a rematar de contaminar os nosos ríos e terras”.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies