A Ribeira Sacra, cada vez máis preto de ser Patrimonio da Humanidade

A Xunta aprobou o pasado xoves o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) á paisaxe e elementos que conforman a Ribeira Sacra, paso previo para que poida optar a ser Patrimonio da Humanidade da UNESCO.  

A declaración BIC implica o máximo grao de protección para a paisaxe da Ribeira Sacra, o que xera limitacións á hora de construír ou modificar calquera elemento natural dese espazo, e permite, en palabras do presidente da Xunta, “acreditar os valores excepcionais do territorio e garantir o máximo nivel de protección para un conxunto cuxa extensión achégase aos 180 Km cadrados”, polo que en virtude dese decreto queda establecido que a paisaxe cultural da Ribeira Sacra “abarca parte do territorio de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense en dúas zonas diferenciadas: a de BIC e a de protección.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies