Consello das mareas saínte // Imaxe: https://enmarea.gal

En Marea constitúe a súa dirección mentres continúan os ataques do sector crítico

O Consello das Mareas celebrará a súa sesión constituínte este sábado, 29 de decembro, ás 11:00 na sede que a organización rupturista ten en Santiago de Compostela.

En Marea tratará de recuperar a normalidade despois das eleccións para a renovación dos seus órganos de dirección e o fará nun clima que non será o máis propicio. O sector crítico, a través do seu integrante na antiga comisión de garantías, plantexou unha demanda xudicial que pretende anular os comicios. Esta estratexia de fuxida cara adiante será complementada con un máis que posible plantón ao órgano por parte das persoas electas no sector crítico que agrupa a oficialidade de Podemos, Anova e Esquerda Unida. Esta última formación emitiou na tarde de onte un comunicado non que non recoñece o novo Consello das Mareas indicando que “Dende Esquera Unida nos reafirmamos nos motivos que trasladamos días antes das votacións ao Consello das Mareas que foron os mesmos que motivaron a non participación neste proceso de votación”.

A formación que lidera Eva Solla tamén indica veladadamente que traballará noutro espazo de conflucencia “Esquerda Unida continúa traballando no espazo dunha confluencia que debe construirse a partir de agora en base á fraternidade” o que coincidiría bastante co expresado recentemente por Anova, a formación de Antón Sánchez e Martiño Noriega, que indicaba nun comunicado que “Nese sentido Anova abrirá un período de reflexión e de toma de decisións no que buscaremos colectivamente o mellor para a Unidade Popular en Galicia” e que podería desembocar na asunción, por parte do partido nacionalista, da coalición Unidas Podemos creada por EU e Podemos antes do verán.

Coa constitución do Consello, En Marea tratará de voltar á normalidade. O seu voceiro, Luis Villares declarou que “as voces, críticas ou non críticas, o que teñen que facer é escoitar. E neste momento o que toca é escoitar o que dixeron os inscritos con bastante claridade: un mandato claro de fortalecer un proxecto político grande, non unha suma de siglas.

Pola súa banda, o deputado Davide Rodríguez considerou  “escusas de mal perdedor” as denuncias do sector crítico sobre as primarias de En Marea e indicou que o propio denunciante se queixaba os días de votación do exceso de garantías porque había que confirmar cada paso mediante un SMS recibido polo votante e indicou que dende En Marea “estamos totalmente tranquilos porque se fixo un proceso limpo e transparente con todos os prazos establecidos dentro do propio comité electoral e cunha comisión de garantías que avalou o proceso en todo momento” ao que engadiu que “Non entendemos a denuncia. é sorprendente”.

As persoas que pasarán a conformar o consello das Mares serás as seguintes:

Coidando a Casa
  1. Luis Villares Naveira  
  2. Ana Seijas Baranauskas  
  3. Francisco Casal Vidal  
  4. Paula Vázquez Verao  
  5. Davide Rodríguez Estévez  
  6. Maria Dolores Candedo Gunturiz
  7. Ramón Veras Castro  
  8. María Elena Cores Leiro
  9. Adrián Dios Vicente  
  10. María del Carmen González Novoa
  11. Xabier Pérez Dávila  
  12. Mónica Díaz Carrodeguas  
  13. Víctor Álvarez Arias  
  14. Teresa Burgo García  
  15. Xoán Losada Martínez  
  16. Ánxeles Faraldo Vallés  
  17. Xoán Hermida González  
  18. Lídia Senra Rodríguez  
  19. Marcos Besada Pérez  
  20. Iris Malvido Lago  
  21. Beatriz Gómez Gómez
Entre Todas
  1. David Bruzos Higuero  
  2. Oriana Fuentes Méndez  
  3. Xan Xose Jove González
  4. Saínza Ruíz Ferreño  
  5. Iván Rodríguez Iglesias  
  6. Isabel Faraldo Calvo  
  7. Marcos Cal Ogando  
  8. Sigrid Campo Regueiro  
  9. René Gamborino Amaro  
  10. Gladys Virxinia Afonso Lobato
  11. André Seoane Antelo  
  12. Julia Torregrosa Sañudo  
  13. Borja Sanramón Tizón  
  14. Loreto Taibo Rama  
Comisión de garantías
  • Sandra Pesqueira Pérez
  • María Victoria Esteban Riesco
  • María Concepción Rodríguez Fariña
  • Xurxo Triñanes Hermo
  • Héctor Vizoso Durán

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies