A exconcelleira Iolanda Pérez Docampo pide reflexión sobre a utilización do poder xudicial con fins políticas

O deputado de En Marea no Parlamento Galego Davide Rodríguez, o membro da Coordinadora Nacional de En Marea Alfonso Diz e a exconcelleira de vivenda e rehabilitación do Concello de Ourense, Iolanda Pérez Docampo, convocaron unha rolda de prensa para informar sobre a absolución de Pérez no caso das asistencias técnicas.

Davide Rodríguez, quixo por en valor a ética coa que actuou en 2014 Iolanda Pérez cando se entereu que estaba citada a declarar nun proceso xudicial do que sabía que era inocente, presentando no mesmo momento a súa dimisión irrevocable como responsable de organización de Anova, sen tan sequera levalo a consideración da dirección do partido. Esta dimisión para non danar o proxecto colectivo, trouxo como consecuencia a dimisión tamén do seu posto de traballo na organización política e unha situación laboral precaria ao non ter dereito ao desemprego. Davide Rodríguez destacou que non en todas as organizacións políticas se actúa con este nivel de exemplaridade.

Pola súa parte, Iolanda Pérez fixo un chamado á reflexión colectiva da sociedade no seu conxunto, aos partidos políticos e aos medios de comunicación que en moitas ocasións actúan ao madato dos poderes político-económicos maximizando cando interesa algunhas imputacións e minimizando e deixando entre liñas, no medio de unha nova cando esas persoas son absoltas. 

A exconcelleira chamou a atención para a reflexión sobre a falta de separación de poderes: “o poder político nomea á cúpula do poder xudicial directa ou indirectamente: Tribunal Constitucional, CGPJ, Supremo, Fiscalía, etc. E como en  Ourense xuíces e fiscais xantan e alternan con cargos do partido popular da provincia mesmo cando estes, teñen causas abertas e pendentes de senteza: que estea normalizado non quere dicir que sexa normal.”

Iolanda Pérez quixo lembrarse tamén de compañeiras/os do bipartito ourensán que sufriu duramente a xudicialización da súa labor política e quixo destacar o caso de Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata, extenentes de alcade da cidade, entre outras/os, que foron imputados en diferentes causas, dimitiron, para logo sairen absoltos de todas.

Segundo declarou a exconcelleira: “co bipartito ourensán, o resultado das urnas foi enmendado a través do poder xudicial, como brazo armando do poder político. Alterouse a vontade popular e isto é gravísimo e un déficit enorme de democracia. Agardo que no futuro se mude o sistema de elección das/os representantes do poder xudicial para gañar en independencia e que casos así non se repitan.”

Pola súa banda, Alfonzo Diz quixo enfatizar por un lado a situación de febleza de persoas traballadoras, xente do común que é inxustamente encausada e non teñen as armas do PP para defenderse, e por outro a clara intencionalidade política deste xuízo mediante o relato da fiscalía co fin de homologar a todos os partidos políticos así como o dano feito a nivel persoal e público que é irreparable.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies