SONY DSC

Compostela Aberta critica o xornalismo lixo de OK Diario

Critica a OkDiario por cargar contra o concelleiro Jorge Duarte.

O diario de Eduardo Inda cargou contra o concelleiro de Compostela Aberta indicando que concedeu unha reforma pública a un ex socio por valor de 158.000 euros.

O propio concelleiro compareceiu para informar de que se trata de unha fake new e que todo é falso xa que o arquitecto do que falan na nova redactou o proxecto no ano 2003, que el non interveu na tramitación e que a concellaría de Igualdade encargou unha actualización de 5.000 euros en lugar dos 158.000 dos que falaba o medio dixital.

Compostela Aberta tamén criticou ao PP xa que poucas horas despois da publicación da noticia en OkDiario a agrupación que lidera Agustín Hernández convocou aos medios para cargar contra a corporación o que foi valorado por Compostela Aberta como unha tentativa “para sementar dúbidas sabendo que non hai irregularidades. Como tantas veces, todo perfectamente sincronizado. Pouco lles importa a verdade, só enlamar.”

“O PP fixo de Santiago de Compostela a capital da corrupción dende o goberno. Agora pensan que poden seguir facendo o mesmo dende a oposición. Que teimen en seguir facendo política-lixo, non conseguirán o seu obxetivo, porque non somos todos iguais”, engadiron.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies