VOX recoñece que recibiu cartos de Irán na súa campaña

Recibiu uns 800.000 euros en donativos procedentes de Irán e o seu lider estaba ao tanto dos fondos recibidos.

VOX financiou a súa campaña para as europeas do ano 2014 con cartos procedentes do país persa. Concretamente foron 146 que fixeron donativos dende quince países distintos e sumaron ao redor de 800.000 euros que o partido ultra adicou á súa campaña. Ademais da abultada cifra de donativos chama a atención que os mesmos supuxeron un 80% dos fondos de campaña para esas eleccións polo que o resto de financiación aportada por militantes, cargos e simpatizantes sumou unha cuarta parte do aportado polos cidadáns iranís.

A información, desvelada pola cabeceira El País, indica que o candidato ás eleccións Alejo Vidal-Quadras estaba ao tanto da procedencia dos cartos e tamén o actual líder do partido, Santiago Abascal, que foi informado polo primeiro.

A trama iraní

Os fondos recibidos por VOX a través de exiliados iranís proveñen dun grupo que se fai chamar Consello Nacional da Resistencia de Irán (CNRI) que se autodenomina como marxista-islamista e que contou cunha facción armada chamada Muyahidin-e Jalq (MJ).

O CNRI saltou á fama no ano 2002 despois de que denunciara que o goberno de Irán tiña un programa nuclear secreto o que provocou que os Estados Unidos de Amáreica tomara accións de bloqueo e sancións económicas contra Irán a pesar de ser coñecidos os vínculos do grupo con personalidades como o senador republicano John McCain, Louis Free, director do FBI ou Bernard Kouchner, ex ministro de Exteriores francés na estapa Sarkozy.

Percorrido xurídico

A lei electoral prohibe a financiación dos partidos por parte de cidadáns extranxeiros dende que se convocan as elección ata a fin da campaña electoral pero, curiosamente, si o permite fora dese período. Resulta, pois, que o feito podería ser ilegal en función da data na que se recibira a financiación. As contas de VOX nunca foron auditadas e o PSOE xa suxeriou que o Senado cree unha comisión de investigación para tratar a financiación da formación ultradereitista.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies