Intensidade e resultados dispares no dobre enfrontamento con Keltoi de Vigo

A xornada de futbol gaélico trouxe resultados dispares para as seccións do Auriense FC.

No enfrontamento masculino, moi trabado e con moitas faltas e golpes, o conxunto ourensan dominou dende o comezo,pero que tivo nos últimos 5 minutos un intercambio de tanteo no que o conxunto de Vigo chegou a poñerse un tanto arriba pero, na derradeira xogada de partido, o Auriense empatou e salvou un punto moi importante.Auriense 3-11(20) – Keltoi 1-17(20) masc.

No partido feminino a intensidade non foi menor, se cadra con máis igualdade aínda e alternancias no marcador. Cun maior acerto por parte do equipo vigués e dous goles nos últimos instantes, permitiulles levar os puntos para a cidade olívica Auriense 2-11(17) – Keltoi 2-17(23) fem
 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies